Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
60 minutos
Dificultade
Fácil
Pasos
- Quitamos a pel de fora das castañas e cocémolas durante 30 minutos, até que fiquen brandiñas. O mellor é cocer algunhas máis dos 150 g por se algunha ten o verme ou está podre cando as pelemos. Escorremos e reservamos.
- Derretemos no microondas a potencia mínima as onzas separadas do chocolate coa manteiga. Imos comprobando de cada pouco e remexendo até que estén totalmente fundidos. Reservamos e deixamos que arrefrie un pouco.
- Separamos as xemas das claras e engadímolas ao chocolate, mesturando até que quede uniforme. Reservamos as claras.
- Acabamos de pelar as castañas e trituramolas con un batedor. Engadímolas ao chocolate e mesturamos.
- Ás claras engadimoslles un chisco de sal e montámolas a punto de neve. Comezamos batendo con un batedor de varas eléctrico ao mínimo e imos subindo a potencia até o máximo.
- Unha vez montadas as claras, engadímolas pouco a pouco ao resto de ingredientes e mesturando amodiño.
- Cando teñamos unha mestura homoxénea colocámola nos recipientes na que a imos servir. Tapámolos e deixámolos duas horas no frigorífico para que arrefríen.
- Pasadas as dúas horas poderemos desfrutar desta rica mousse. Para servilas podemos decoralas con unhas folliñas de menta.