Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Molde
Redondo con burato de 21 cm de diámetro
Ingredientes
125 g de manteiga a temperatura ambiente
210 g de azucre
6 ovos
125 g de fariña de millo
1 limón para relar
Pasos
- Mesturamos a manteiga co azucre até que quede uniforme.
- Separamos as claras e as xemas dos ovos.
- Engadimos as xemas á manteiga co azucre e mesturamos ben.
- Relamos o limón e engadímolo.
- Botamos un chisco de sal ás claras e montamolas coa axuda dun batedor.
- Mesturamos suavemente as claras co resto de ingredientes.
- Engadimos a fariña tamizada e remexemos con movementos envolventes. Cando teñamos ben mesturado colocámola nun molde redondo duns 21 cm de diámetro.
- Metemos no forno, que previamente quentamos a 200 graos, durante 20 minutos. Se vemos que se queima por enriba podemos poñer papel de aluminio para evitalo.
- Retiramos do forno e botamos azucre por enriba. Deixamos arrefriar e sacamos o molde.
- E a desfrutala!