Últimos posts

Principais

A pasta carbonara case auténtica

Estamos acostumados a ver a salsa carbonara feita con nata, pero a auténtica receita é moito máis saborosa, faise só con ovos, queixo e touciño entrefebrado curado. Aínda que a receita orixinal non leve cebola a nós gústanos moito como queda con ela e adoitamos engadirlla, por iso a receita é “case auténtica”. 

Doces

Vasiños de Tiramisú

O tiramisú é unha sobremesa italiana que conquistou o mundo enteiro. Trátase dunha receita moi sinxela e vistosa feita con queixo mascarpone e biscoitos emborrachados. Nós empregamos biscoitos comprados porque o resultado é semellante e axilizan o traballo, pero tamén podemos facelos nós mesmos. Neste caso fixemos pequenos tiramisús pero poderíase facer todo xunto nunha bandexa […]

Doces

Pastel Vasco

 O Pastel Vasco é unha sobremesa orixinaria de Iparralde, o País Vasco Francés, e estendeuse ata o sur por Navarra e Euskadi chegando a ser super popular en todo Euskal Herria. O recheo adoita ser de crema ou de froitas.

Básicas

Gildas

As gildas son un pintxo moi famoso no País Vasco. É un petisco delicioso, onde se mestura o salgado da anchoa co picante do chile e que adoita maridarse cun vermú na hora do aperitivo. 

Doces

Goxua

O goxua é unha lambonada moi famosa no País Vasco, goxua en euskera significa doce ou que está bo. Esta lambetada faise en tres capas: unha base de nata montada, a continuación unha capa de biscoito borracho en almibre e unha última de crema que se acaramela cun soprete. É unha auténtica bomba pero como […]

Principais

Bacallau á bizkaina

A salsa bizkaina é un mollo elaborado con cebola e carne de pementos chouriceiros. Faise a lume baixo durante varias horas para caramelizar as cebolas e unha vez lista cociñase nela o bacallau.

Doces

Mini Carolinas de Bilbao

As Carolinas son un doce típico de Bilbao e son tan rechamantes que protagonizan os escaparates de todas as pastelarías da cidade. Na base levan un pasteliño de arroz e cóbrese con merengue italiano por enriba, ademais o merengue decórase cun baño de chocolate e xema de ovo. Aínda que os pasteis levan o arroz […]

Principais

Marmitako de atún

O marmitako é un guiso típico de Euskadi e do cantábrico en xeral, en Cantabria recibe o nome de sorropotún ou marmita. A súa orixe ven dos pescadores ou arrantzales en Euskera e hoxe en día é un dos pratos máis coñecidos da gastronomía vasca. Elaborase xeralmente con bonito ou atún e patacas nunha marmita […]