Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
4 contramuslos de polo
2 vasos de viño tinto
3 peras
1 anaco de xenxibre fresco (12g)
2 culleradas de azucre moreno
AOVE (aceite de oliva)
sal e pementa
2 allos
Pasos
- En primeiro lugar salpimentamos o polo e reservamos.
- A continuación pelamos as peras, cortámolas en duas metades e quitámoslles o corazón. Reservamos.
- Botamos nun cazo o viño, o xenxibre, o azucre e as peras. Quentamos a fogo medio até que comecen a ferver, baixamos un pouco o lume e deixamos uns 5 minutos máis.
- Mentras tanto nunha pota botamos un chisco de aceite, agardamos a que se quente e douramos os allos enteiros e pelados a fogo medio. Retiramos os allos antes de que se queimen e douramos o polo no aceite a fogo medio-alto durante uns 5 minutos por cada lado.
- Engadimos o viño coas peras ao polo, remexemos ben para que se mesturen os zumes todos. Poñemos a lume baixo até que o polo estea cocido, uns 30 minutos máis ou menos.
- Retiramos o polo e as peras e deixamos ao lume para que acabe de reducir un pouco máis o mollo, cuns 10 minutos será suficiente.
- Servimos no prato un anaco de polo, duas medias peras e regamos por enriba coa salsa de viño. Podemos decorar por enriba cunhas folliñas de menta ou pirixel.