Queixada pasiega de Mari Luz

Detalles

Racións

8 persoas

Tempo

75 minutos

A queixada é un doce típico de Cantabria, a receita orixinal elabórase cunha especie de queixo fresco preparado con leite de vaca callada. Na actualidade é dificil atopar este tipo de queixo, pero podemos substituilo por leite e un iogur natural e obteremos un resultado igual de bo. Esta é a receita da nai dunha amiga, Mari Luz, unha galega que vive en Santander.

Ingredientes

  • 200 g de fariña de trigo

  • 300 g de azucre

  • 3 ovos

  • 100 g de manteiga
    en pomada

  • 750 ml de leite

  • 1 iogur natural (125g)

  • reladura dun limón

  • canela en pó

  • MOLDE
  • Bandexa rectangular para o forno
    (30×21 cm)

Pasos

  • En primeiro lugar separamos as claras das xemas dos ovos.
  • Batemos as xemas cun batedor de globo, engadimos o azucre e a manteiga e seguimos batendo.
  • Engadimos tamén o iogur e a fariña peneirada pouco a pouco mentras imos batendo.
  • Finalmente engadimos tamén o leite e a reladura do limón e mesturamos todo.
  • Imos montar as claras, botámoslles un chisco de sal, comezamos batendo cun batedor de globo a potencia baixa e imos subindo a potencia até que as teñamos montadas.
  • Incorporamos as claras pouco a pouco ao resto dos ingredientes, con movementos envolventes para non perder o aire.
  • Vertemos nunha bandexa para o forno e botámoslle canela en po por enriba.
  • Metémola no forno, que previamente quentamos a 180ºC e deixámola unhos 60 minutos. Se vemos que se comeza a queimar por enriba, podemos cubrila cun anaco de papel albal para evitalo.
  • Sacámola do forno e deixamos arrefriar para comela.