Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
5 biscoitos de soleta
250 g de queixo mascarpone
2 ovos pequenos
40 g de azucre
250 g de framboesas
leite
- MOLDE
4 vasiños de chato
Pasos
- Lavamos as framboesas e reservamos.
- Separamos as xemas das claras e reservamos as xemas. Montamos as claras cun batedor de globo, comezando a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que estean ben montadas.
- Noutro cunco á parte batemos as xemas co azucre durante uns 5 minutos até que branqueen as xemas.
- Remexemos ben o queixo cun lingua pasteleira até que non estea compacto. Integramos o queixo coas xemas co azucre e as claras montadas cunha lingua. Remexemos con movementos envolventes para evitar que se desmonten as claras.
- Emborrachamos os biscoitos no leite e colocamos na base de 4 vasiños de chato.
- A continuación engadimos unha capa da crema, colocamos sobre esta outra capa de framboesas e repetimos o proceso, colocando outra capa de crema e outra de final de framboesas.