Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
400 ml de nata para montar
1 culler de azucre
marmelada de amorodo
500 g de amorodos
- Para o biscoito:
4 ovos
120 g de azucre
120 g de fariña
- Para a cobertura:
70 g de chocolate para fundir (cacao 75%)
- MOLDE
Desmontable de 23 cm de diámetro
Pasos
- Batemos os ovos co azucre cun batedor de globo eléctrico durante varios minutos, até que que se aclaren e queden espumosos.
- Engadimos a fariña tamizada pouco a pouco e imos mesturando ben con movementos envolventes até ter unha masa uniforme. Botamos a masa nun molde con papel para forno por abaixo e metémolo no forno, que previamente quentamos a 170 grados, durante 15 minutos até que estea listo.
- Sacámolo e deixámolo arrefríar. Unha vez frío cortamos o biscoito pola metada cun coitelo de serra.
- Para o recheo:
- Imos batendo a nata cun batedor de globo eléctrico, comezando a potencia baixa e subindo pouco a pouco, cando comece a montar engadimos o azucre e seguimos batendo até que estea lista.
- Montaxe:
- Lavamos e cortamos os amorodos en láminas.
- Sobre a base do biscoito colocamos unha capa de amorodos, unha capa de marmelada e unha última capa de nata. Finalmente colocamos a outra metade do biscoito por enriba.
- Cortamos o chocolate en anacos e fundímolo pouco a pouco no microondas a baixa potencia, remexendo de vez en cando para que non se queime.
- Mesturamos o chocolate fundido coa nata restante e cubrimos todo o biscoito con ela.
- Por último lavamos uns amorodos e colocámolos no centro da torta para decorar.