Detalles
Racións
8 persoas
Tempo
60 minutos
Ingredientes
1 lámina de masa quebrada
500 g de framboesas
- Para a crema pasteleira:
500 ml de leite
3 xemas e 1 ovo
30 g de maicena
75 g de azucre
1 ramiña de canela
- MOLDE:
Desmontable de 28 cm
Pasos
- Comezamos facendo a crema pasteleira. Para iso seguimos a nosa receita da sección de básicos de crema pasteleira. Cando a teñamos preparada, retiramos do lume e reservamos.
- Para a base da torta colocamos a lámina de masa quebrada nunha forma desmoldable e deixámola no forno a 180º durante uns 25 minutos.
- Para rematar, estendemos a crema pasteleira sobre a base e colocamos as framboesas sobre a crema formando círculos concéntricos. Servimos ben fresquiña.