Zamburiñas sinxelas ao forno

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 10 zamburiñas

  • 4 allos

  • aceite de oliva

  • pirixel fresco

  • sal gordo

Pasos

  • Picamos cun coitelo o allo, moi moi finiño. Picamos o pirixel finiño tamén. Colocamos o allo e o pirixel nun vaso e cubrímolos con abundante aceite. Mesturamos ben cunha culler e deixamos repousar 15 minutos. Mentras prequentamos o forno a 180º.
  • Colocamos as zamburiñas nunha bandexa para o forno, botámoslles por enriba a mestura de allo, aceite e pirixel, sen que saia da cuncha.
  • Metemos no forno, na bandexa do medio, e deixamos 10 minutos.
  • Sacamos do forno e colocámolas nunha bandexa con cuidado de non queimarnos. Botámoslles unhas areas de sal gordo por enriba e servimos ben quentiñas.