Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
400 g de cabaza
1 cebola
1 tomate
5 g de xenxibre fresco
10 g (2 culleres pequenas) de comiño en po
10 g de pimentón doce
10 g de cúrcuma
1/2 iogur
2 allos
2 follas de loureiro
240 g de garavanzos cocidos
150 g de leite de coco
cilantro fresco
Pasos
- Machucamos nun morteiro os allos e o xenxibre con un pouquiño de auga.
- Cortamos a cebola en xuliana e pochámola con un pouco de aceite a lume baixo.
- Deixamos a cebola 5 minutos e botamos o xenxibre e o allo machucados. Engadimos tamén as duas follas de loureiro enteiras.
- Pelamos a cabaza e cortámola en dados pequeniños. Reservámola.
- Cando a cebola estea case lista engadimos o tomate cortado en anaquiños moi pequenos e cociñamos durante 10 minutos.
- Retiramos as follas de loureiro e engadimos á cebola o medio iogur e as especias: o comiño, o pimentón e a cúrcuma. Cociñámolo todo xunto uns minutos.
- Triturámolo con un batedor engadíndolle un pouco de auga e reservamos.
- Con un pouco de aceite salteamos a cabaza a lume medio durante 10 minutos. A continuación botámoslle a mestura coas especias e o leite de coco e deixamos cocer a fogo baixo até que a cabaza estea ao punto, uns 15 minutos. Un pouco antes de que a cabaza estea pronta engadimos os garavanzos cocidos e mesturamos.
- Servimos nun cunco e decoramos con unhas folliñas de cilantro fresco.