Detalles
Racións
4 personas
Dificultade
Fácil
Tempo
90 minutos
Ingredientes
- Para a masa
200 g de fariña
1 ovo
100 g de manteiga
50 g de azucre
1 chisco de sal
- Para o recheo:
800 g de cabaza crúa
3 ovos
100 g de azucre moreno
150 g de nata para montar
150 g de leite
1 culler pequena de canela en pó
1 culler pequena de xenxibre en pó
sal
Pasos
- Para a masa:
- Cortamos a manteiga en taquiños.
- Botamos a fariña nun cunco e a continuación mesturamos os taquiños de manteiga, a fariña e o azucre cos dedos. Imos mesturando ben até quedar unha masa uniforme.
- Engadimos un chisco de sal e o ovo sen bater e mesturamos ben coas mans até que fique homoxénea a masa.
- Cando teñamos a masa lista facemos unha boliña con ela e envolvémola en papel film. Gardámola no frigorífico durante 1 hora aproximadamente para que acabe de formarse.
- Para o recheo:
- Tiramos a casca e as pebidas da cabaza e cortámola en tacos.
- Cocemos a cabaza nun cazo con auga durante uns 15 minutos até que estea ben pasada e blandiña.
- Escorremos a cabaza e triturámola con un batedor.
- Engadimos o leite, a nata e o azucre e batemos.
- Engadimos os ovos e seguimos mesturando.
- Por último engadimos a canela e o xenxibre en pó e acabamos de mesturar até ter unha masa homoxénea.
- Despois de ter unha hora a masa na neveira, sacámola e extendémola con un rolete enriba de papel de forno. A continuación, colocamos a masa no molde coa axuda do papel.
- Cubrimos a masa co mesmo papel de forno e poñémoslle peso enriba. Nós usamos sempre garavanzos para isto.
- Metemos no forno prequentado a 180 graos durante 10 minutos para que se cociñe un pouco a masa e sacámola.
- Cando a masa estea un pouco dourada, vertemos o recheo e voltamos meter no forno durante 30 minutos aproximadamente a 180 graos. Cando o recheo estea sólido e o piquemos con un pauiño e saia limpo, a torta estará pronta.