Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
450 g de fariña de trigo
200 g de manteiga a temperatura ambiente
100 g de azucre moreno
2 culleriñas de canela moída
1 culleriña de xenxibre moído
1 ovo
40 g de mel
- MOLDE
formas para bolachas
Pasos
- Mesturamos ben a fariña peneirada, o xenxibre e a canela e reservamos. A manteiga é moi importante que estea a temperatura ambiente para que se mesture ben, se non nos deu tempo a sacala antes da neveira podemos darlle un golpe de calor no microondas, pero sen que chegue a derreterse.
- Cortamos a manteiga en anacos e batémola cun batedor de globo eléctrico. A continuación engadimos o azucre, deixamos batendo uns 5 minutos até que ambos se integren completamente.
- Engadimos o ovo e o mel e seguimos batendo outro pouco. Logo incorporamos a mestura de fariña coas especias e amasamos até ter unha masa homoxénea. Se vemos que despois de amasala se pega demasiado ás mans engadímoslle un chisco máis de fariña.
- Facemos unha bola coa masa, envolvémola en film transparente e deixámola na neveira unha hora para que se endureza.
- Finalmente, cun rolete estendemos a masa e facemos as bolachas coa forma que maís nos guste. Colocámolas sobre papel vexetal e metémolas no forno, que previamente quentamos a 180º, durante uns 10 ou 15 minutos, até que comecen a dourarse polos bordos.
- Retirámolas do forno e deixamos que arrefríen sobre unha rexa antes de desfrutalas.