Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
90 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
600 g de cabaza
4 ovos
200 g de fariña
70 g de azucre
sal
canela
aceite de oliva suave para fritir
Pasos
- Tiramos a monda da cabaza e cortámola en dados. Cocémola cun chisco de sal durante 20 minutos, até que quede brandiña.
- Escorremos ben a cabaza e pisámola cun garfo, até que fique como unha papa.
- Tamizamos a fariña e botámola nun cunco, engadimos os ovos batidos e o azucre.
- Engadimos a cabaza, un chisco de sal e unha culler pequena de canela. Mesturamos toda a masa até que fique homoxénea.
- Quentamos o aceite nunha tixola, e cando esté ben quente empezamos a fritir as chulas. Cunha culler collemos un pouco de masa e botámolo no aceite, cando este doradiño polo lado de abaixo dámoslle a volta. Repetímos este proceso até acabar a masa, podemos facer 3 ou 4 á vez dependendo da tixola.
- Despois de fritilas colocámolas sobre un papel de cociña absorbente, para quitar o aceite sobrante.
- Finalmente, colocámolas no prato onde vaiamos servilas e botámoslles un pouco de azucre por enriba.