Curry vexeta de cabaza

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 400 g de cabaza

  • 1 cebola

  • 1 tomate

  • 5 g de xenxibre fresco

  • 10 g (2 culleres pequenas) de comiño en po

  • 10 g de pimentón doce

  • 10 g de cúrcuma

  • 1/2 iogur

  • 2 allos

  • 2 follas de loureiro

  • 240 g de garavanzos cocidos

  • 150 g de leite de coco

  • cilantro fresco

Pasos

  • Machucamos nun morteiro os allos e o xenxibre con un pouquiño de auga.
  • Cortamos a cebola en xuliana e pochámola con un pouco de aceite a lume baixo.
  • Deixamos a cebola 5 minutos e botamos o xenxibre e o allo machucados. Engadimos tamén as duas follas de loureiro enteiras.
  • Pelamos a cabaza e cortámola en dados pequeniños. Reservámola.
  • Cando a cebola estea case lista engadimos o tomate cortado en anaquiños moi pequenos e cociñamos durante 10 minutos.
  • Retiramos as follas de loureiro e engadimos á cebola o medio iogur e as especias: o comiño, o pimentón e a cúrcuma. Cociñámolo todo xunto uns minutos.
  • Triturámolo con un batedor engadíndolle un pouco de auga e reservamos.
  • Con un pouco de aceite salteamos a cabaza a lume medio durante 10 minutos. A continuación botámoslle a mestura coas especias e o leite de coco e deixamos cocer a fogo baixo até que a cabaza estea ao punto, uns 15 minutos. Un pouco antes de que a cabaza estea pronta engadimos os garavanzos cocidos e mesturamos.
  • Servimos nun cunco e decoramos con unhas folliñas de cilantro fresco.