Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
45 minutos
Esta lasaña de cabaza e grelos é unha delicia. Estupenda no outono e en calquera época do ano. Podemos cambiar os grelos por espinacas se queremos.
Ingredientes
400 g de cabaza
200 g de grelos
(frescos, conxelados ou en lata)200 g mozzarella
200 g de queixo ricotta
ou requeixo100 g de queixo
grana padano en póreladura de ½ limón
1 culleriña de follas de romeu
fresco cortadas8 placas de lasaña
listas para o forno- Para a bechamel
50 g de fariña
50 g de manteiga
500 ml de leite
Pasos
- Comezamos quentando o forno a 200º. Mentras, cortamos a cabaza en anacos duns 2 dedos de grosor e tirámoslles a casca. Metémola no forno con sal, pementa e un chisco de aceite por enriba. Deixamos uns 40 minutos, sacámola e agardamos a que arrefríe un pouco. Finalmente, pisámola mesturándoa ben co mollo que soltou e reservamos.
- Se os grelos son frescos ou conxelados temos que escaldalos previamente con auga fervendo uns 5 minutos e seguimos cocéndoos noutra auga diferente outros 15 minutos. Se son de lata pasamos directamente a escorrelos. A continuación botámoslles un chorriño de aceite, sal e pementa. Se queredes saber máis sobre como preparar os grelos podedes consultalo aquí.
- Noutro cunco á parte mesturamos a mozzarella, 50 g de grana padano, o romeu, a ricotta e a reladura de medio limón e deixamos repousar.
- Para a bechamel
- Para facer a bechamel podedes seguir aquí a nosa receita da sección Básicas.
- Para montar a lasaña colocamos unha capa inicial de bechamel no fondo dunha bandexa apta para o forno e a continuación as placas de pasta, ⅓ da cabaza, ⅓ dos grelos e ⅓ da mestura do queixo. Cubrimos con outra capa de lasaña, bechamel, cabaza, grelos e queixo e repetimos así até ter tres pisos. Rematamos cunha capa de lasaña, cubrímola con abundante bechamel e o resto do queixo en pó.
- Para rematar, metemos no forno á máxima potencia co gratinador activado durante uns 5 minutos, até que se doure por enriba.