Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Molde
Bandexa para forno
Ingredientes
1 kg de cabaza
2 patacas
2 ovos
100 g de queixo en pó Grana Padano.
Pementa en pó
Ourego
Comiño en pó
Pasos
- Pelamos e cocemos en anacos as patacas.
- Partimos a cabaza á metade, quitámoslle as pebidas con unha culler e metémola no forno con un chorriño de aceite por riba, a 200 graos durante 30 minutos máis ou menos. Se vemos que se torra poñémoslle papel de aluminio por riba.
- Unha vez cociñada, pelamos a cabaza e pisámola cun garfo. Pisamos as patacas xunto coa cabaza.
- Engadimos sal, os dous ovos e as especias ao gusto: comiño, ourego, e a pementa.
- Mesturamos todo ben ate obter unha masa homoxénea.
- Colocamos nunha bandexa para forno e botámoslle o queixo relado por riba. Gratinamos no forno a 200 graos durante 5 ou 10 minutos até que a capa de queixo quede douradiña.
- Servimos quente.