Pastel de filloas e grelos

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 400 g de grelos cocidos

  • 3 allos

  • aceite

  • pimentón doce

  • salsa de tomate

  • Para as filloas:
  • 50 g de fariña de trigo

  • 2 ovos

  • 100 ml de auga

  • 25 ml de leite

Pasos

  • Para as filloas podedes seguir a nosa receita aquí.
  • Podemos usar grelos en lata ou grelos frescos e cocelos. Para preparar os grelos frescos podedes ver aquí como facelo.
  • Imos facer un refrito para os grelos. Para iso douramos nun pouco de aceite os allos cortados en anaquiños, cando estean dourados baixamos o lume ao mínimo e botamos unha cullerada pequena de pimentón doce. Mesturamos ben cun garfo e botamos os grelos. Remexémolos co refrito.
  • Montamos o pastel cunha capa de filloa e outra de grelos, repetindo até ter 5 ou 6 capas de grelos. Para rematar, a última filloa cubrímola con salsa de tomate. Podemos decorar cun pouco de ourego por enriba.