Polbo á grella con puré de batata

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 2 raxos de polbo cocidos

  • 1 pataca pequena (150 g)

  • 1 batata mediana (450 g)

  • 50 g de manteiga

  • pemento moído picante

  • sal

  • aceite de oliva

  • pementa negra

Pasos

  • Comezamos lavando e pelando a batata e a pataca. Cortámolas en anacos do mesmo tamaño e metémolos nun cazo cubertos con auga fria e un pouco de sal. Poñemos a lume medio e despois de que ferva deixamos uns 20 minutos, dependendo do tamaño dos anacos.
  • Podemos picar cun garfo para ver se están cocidas. Escorremos ben e nun cunco á parte pisamos todo cun garfo xunto á manteiga e un chisco de pemento moído, sal e pimenta moída ao gusto. Pisamos até obter unha textura e cor uniformes. 
  • Por outro lado, facemos os raxos de polbo xa cocidos á grella cun chisco de aceite e até que collan algo de cor. Servímolos sobre unha cama de puré. Finalmente botámoslles un chorriño de aceite, sal e pemento moído por enriba. Podemos decorar cunha ramiña de romeu.