Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
30 minutos
Dificultade
Fácil
Molde
6 ramequins
Esta receita é estupenda para aproveitar doces que sobraron como pode ser o panetone, o roscon de reis ou incluso unhos croisants. Non importa que estean resesos. É unha sobremesa suave, o caramelo e os arandos danlle un toque de sabor. Cómese frío como se fose un flan.
Cociñámolos en ramequíns, uns moldes de cerámica aptos para o forno, pero podemos empregar calquera cunco que se poda meter no forno.
Ingredientes
1 anaco de panetone
300 ml de leite
2 ovos
1 culler de café
de esencia de vainilla225 g de arandos
30 g de manteiga
caramelo líquido
Pasos
- Derretemos a manteiga no microondas e untamos os ramequíns coa metade da manteiga e coa axuda dun pincel.
- Cortamos o panetone en cadrados e enchemos os moldes cos anacos de panetone mesturados cos arandos.
- Botamos un pouco de caramelo sobre o panetone en cada un dos cuncos.
- Quentamos o leite un pouco sen que chegue a ferver, engadimos os ovos e batimos ben.
- Botamos a mestura de ovo e leite nos ramequíns deixando marxe para que suba no forno.
- Botamos por riba de todos o restante da manteiga derretida.
- Quentamos o forno a 200º e cociñámolos durante 20 minutos.
- Sacamos do forno e deixamos que arrefríen. Despois metémolo na neveira 3 ou 4 horas como mínimo.