Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
500 g de castañas crúas
2 porros
1 pataca
75 ml de nata para cociñar
sal e pementa negra moída
Pasos
- Tiramos a pel de fora das castañas e poñémolas nun cazo con auga fría e un pouco de sal. Agardamos que empece a ferver e deixámolas 5 minutos.
- Antes de que arrefríen tiramos a pel interior das castañas. Podemos ir sacándoas da auga pouco a pouco para que non enfríen e sexa máis sinxelo pelalas.
- Lavamos e cortamos os porros e sofritímolos cun chisco de aceite a lume baixo. Engadimos a pataca pelada en anacos e cubrimos todo con abundante auga. Botamoslle sal e pementa moída.
- Poñemos a fogo medio, cando leve un anaco fervendo engadimos as castañas peladas e deixamos cocer 15 ou 20 minutos até que todos os ingredientes estén brandiños.
- Trituramos cun batedor e engadimos a nata para cociñar para darlle máis textura á crema. Remexemos todo a fogo baixo e retiramos do lume.
- Podemos reservar algunha castaña enteira para enfeitar o prato.