As natillas ou crema de ovo é unha das sobremesas máis populares, pero non adoitamos facela na casa. Esta é a receita que nos fai a nosa amiga Marisilvi sempre que pode. É unha receita sinxela, rápida e ben saborosa, unha vez que a probedes non volveredes mercalas nunca máis.
Doces
Tarta crocante de mazá
Bolachas do Apalpador
O Apalpador ou Pandingueiro é un xigante carboeiro que baixa cada Nadal das montañas do Courel para apalpar as barrigas dos cativos e cativas e así comprobar se comeron ben durante todo o ano. Ás crianzas que foron boas déixalles unha presa de castañas e agasallos, e apalpándolles a barriga desexalles felicidade e fartura o […]
Pudin de panetone e arandos
Esta receita é estupenda para aproveitar doces que sobraron como pode ser o panetone, o roscon de reis ou incluso unhos croisants. Non importa que estean resesos. É unha sobremesa suave, o caramelo e os arandos danlle un toque de sabor. Cómese frío como se fose un flan. Cociñámolos en ramequíns, uns moldes de cerámica […]
Mousse de piña e cava
Bolachas de manteiga con abelás
Roliños de canela
Os roliños de canela, cinnamon rolls ou kanelbulle son un doce moi típico de Suecia e outros países nórdicos como Dinamarca que tomarón gran popularidade a comezos do século pasado. Son estupendos para comer no inverno ou durante o Nadal, con unha boa taza de café ou te quentiño.
Tiramisú de cabaza
Esta receita é unha versión do Tiramisú tradicional italiano. No lugar de empregar biscoitos de soleta facemos unha base de biscoito de cabaza similar ao que podería ser o biscoito da carrot cake ou tarta de cenoria e para emborrachalo imos empregar almibre de melocotón en lugar de café. As claves para facer unha boa […]