Risotto de polbo e cogomelos

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1,5 litros de auga de cocer polbo

  • 1 cabeza de polbo cocida

  • 250 g de arroz

  • 1 cebola

  • queixo parmesano en po

  • cogomelos

Pasos

  • Cortamos a cebola en brunoise e pochamos nunha pota con aceite quente a lume medio. Tapamos a pota para que a cebola se faga no seu vapor e engadimos un pouco de sal.
  • Quentamos nun cazo a auga de cocer o polbo pero sen que chegue a ferver. Deixamos co lume ao mínimo.
  • Cortamos a cabeza do polbo en anacos e engadímoslla á cebola cando estea ben feita. Engadimos os cogomelos cortados en anacos e deixamos refogar todo xunto uns minutos.
  • Botamos o arroz na pota e douramos uns minutos. Posteriormente engadimos un pouco da auga do polbo e deixamos cociñar a fogo medio durante 15 minutos aproximadamente.
  • Durante este tempo imos engadíndolle a auga do polbo ao arroz e remexendo a cada pouco para que non quede seco. Deste xeito conseguiremos un arroz meloso.
  • Cando o arroz estea ao punto, apagamos o lume, engadimos o queixo en po e remexemos ben.
  • Tapamos e deixamos repousar 5 minutos.