Detalles
Racións
16 racións
Tempo
30 minutos
Dificultade
Fácil
Molde
Moldes de papel para madalenas
Ingredientes
4 ovos
200 g de azucre
1/2 vaso de aceite de oliva
100 g de fariña de trigo
100 g de fariña de castaña
1 sobre de lévedo en pó
Pasos
- Batemos os ovos co azucre, a continuación engadimos o vaso co aceite e batemos todo ben.
- Mesturamos a fariña de trigo co lévedo, peneiramos para evitar que se formen grumos e engadimos.
- Engadimos a fariña de castaña peneirada.
- Remexemos todo até ter unha masa homoxénea e enchemos os moldes de papel para madalenas.
- Botamos cunha culler un pouco de azucre por riba das madalenas para decorar. Metémolas no forno, que previamente quentaramos a 180 graos, durante 15 minutos.
- Retirámolas cando estén douradiñas e deixamolas arrefriar nunha rexa.